News:

Maio 2024
FÓRUM ANTIGO APENAS EM MODO CONSULTA
--------------------------------------------------------
NOVO FÓRUM SUPERBRAGA.COM 2024
Faz um novo registo em https://www.superbraga.com/

Main Menu

Pré-época: Estágio e jogos de preparação (Resumo 1ª página)

Started by brigada da relote, 20 de May de 2014, 18:38

Previous topic - Next topic

GALEGO

Quote from: brigada da relote on 28 de August de 2014, 13:12
Dia 5 de Setembro (6ª feira), às 19h30 (horas portuguesas), o Sp. Braga se deslocará a Ribadumia (Pontevedra) para participar na festa da inauguração do estádio A Senra (do CD Ribadumia que este ano disputará, pela 1ª vez na sua história, na III divisão espanhola) contra o Celta de Vigo.

Diario de Arousa



Nuevo amistoso en el calendario del Celta en el próximo mes de septiembre. Los pupilos de Eduardo Berizzo se medirán al Sporting Braga de la Primera División portuguesa el próximo viernes 5 de septiembre a las 20:45h, aprovechando el parón liguero del próximo fin de semana. El choque servirá para inaugurar las nuevas instalaciones del campo de A Senra, del CD Ribadumia, club gallego que ha conseguido este año el ascenso a la Tercera División.

Esta mañana se presentó el partido en un acto que contó con la presencia del presidente de la Diputación, Rafael Louzán, el consejero del Celta, Antonio Rosendo, la alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña y el presidente del CD Ribadumia, José Ramón Cores.

GALEGO

Será o vindeiro venres, 5 de setembro, ás 20,30 h. (hora espanhola)
RIBADUMIA ACOLLERÁ UN PARTIDO AMISTOSO ENTRE O REAL CLUB CELTA E O SPORTING BRAGA
As entradas poderán adquirirse ao prezo de 10 euros nas oficinas do Club Deportivo Ribadumia e en varias sucursais de Abanca no Salnés
O encontro servirá para inaugurar o recentemente remodelado campo de fútbol e a nova etapa do Club Deportivo Ribadumia como equipo de terceira división nacional
É a primeira ocasión na que o Celta xoga en Ribadumia, polo que Louzán animou a todos os celtistas da comarca a acudir ao partido


Ribadumia acollerá o vindeiro 5 de setembro un partido de fútbol amistoso entre o Real Club Celta de Vigo e o Sporting Clube de Braga. Trátase dunha iniciativa que servirá para inaugurar a remodelación do campo de fútbol de Ribadumia e tamén "para dar forzas e ánimo" a un Club Deportivo Ribadumia recén ascendido a Terceira División Nacional.
Así o manifestaron esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán; a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña; o conselleiro do Celta Antonio Rosendo Martínez; e o presidente do equipo anfitrión, José Ramón Cores.
Trátase da primeira vez que o Celta xogará no campo do Ribadumia, polo que o presidente da Deputación animou a todo o celtismo da comarca e dos arredores a acudir a esta cita deportiva "que é un partido deses dos que vale a pena disfrutar neste remate da tempada estival".
Louzán quixo agradecer especialmente ao presidente do Celta, Carlos Mouriño, ao seu director xeral, Antonio Chaves, ao propio Antonio Rosendo, o compromiso demostrado co deporte de Galicia e a súa boa disposición a participar en iniciativas coma esta "que é posible grazas á xenerosidade do Celta e ao seu quere estar ao lado dos clubs máis humildes".
Neste sentido, augurou un encontro moi atractivo entre dous equipos de primeira división nacional, un en España e outro en Portugal, e "no que estarán as principais figuras de cada un dos clubs, baixo a dirección de Eduardo Berizzo e de Sergio Conceiçao".
Así, Antonio Rosendo Martínez asegurou que o amistoso do vindeiro venres é unha magnífica ocasión "de enfrontarnos a un histórico como é o Sporting de Braga" e de dar maior "proxección ao fútbol galego" e amosouse confiado en que "a xente acuda en masa" porque "van ver un bo partido".
Entradas a prezos populares
Para facilitar a asistencia masiva de público, os prezos para asistir serán moi populares, cunha entrada única de 10 euros.
Todos os interesados poderán adquirir as súas entradas na sede do Club Deportivo Ribadumia en horario de tarde ou ben en distintas oficinas de Abanca na comarca de O Salnés, neste caso no horario de apertura da entidade bancaria.
Pola súa banda, Salomé Peña destacou os esforzos que o concello, co apoio da Deputación, está a facer a prol do deporte e que se manifesta en numerosas iniciativas, como este partido amistoso ou a mellora de infraestruturas, que inclúen a remodelación do campo de herba natural que se inaugurará o venres (mellora do terreo de xogo, da iluminación e construción de novas gradas), pero tamén un novo campo municipal de herba sintética agora en licitación.
Permanencia en Terceira División
Peña incidiu ademais na satisfacción que supón para un concello pequeno como é Ribadumia contar con equipo en terceira división nacional, algo que cualificou de "acontecemento histórico", polo que desexou ao equipo local "que continúe moitos anos máis" na categoría nacional do fútbol.
Neste sentido, o presidente do club, José Ramón Cores, afirmou que esa é aspiración do Ribadumia nesta temporada, dado que manterse en terceira "é o teito" dun equipo modesto que conta "cun orzamento moi humilde".
Tanto Rafael Louzán como Salomé Peña coincidiron en desexarlle a mellor das tempadas ao Ribadumia e desexar que o amistoso Celta-Sporting Braga sirva para "darlle ánimo e sorte ao club local".
En canto ao Celta, Louzán destacou que "está facendo as cousas ben" e "creando expectativas moi positivas" que apuntan a que  fará "unha extraordinaria campaña".

L3GENDE

Acho bem temos ums amigaveis no tempo de paragem de 2 semanas. ;D
Vós no campo          Nós na bancada

Somos um só            "Braga"